28/11/13

Os meus cans

Chámome Carla Varela e  teño 10 anos. Teño o pelo marrón moi escuro e os ollos marróns. Vivo en Malpica. 

 Estes son os meus cans : Pitufo e Niebla . Niebla é una cadela moi xoguetona. Gústalle moito que lle rasquen a barriga. Ten o pelo branco con manchas marróns. Tróuxoma o meu avó dunha casa de Beo, porque atropelaran a outra cadela moi querida por nós que tiñamos antes: Luzy.

Pitufo é un can moi bruto e dormitón .Gústalle que lle rasquen a testa e o fuciño. Ten o corpo marrón e a barriga branca. Dóunolo  unha señora veciña de Mens.
Ámbolosdous viven en Mens , na casa dos meus avós. Cada vez que imos a MensPitufo e Niebla comezan a darlle ao rabo e póñense moi contentos ao vernos a min e a miña  irmá  Fátima.

Ningún comentario: