05/12/13

A carta


Este trimestre estivemos aprendendo a escribir cartas.
Enviamosllas ao alcalde de Malpica e ao diretor do noso colexio (C.E.I.P. Milladoiro) explicándolle as deficiencias que nos parecía necesario arranxar.

A mediados de novembro comezamos a recibir as respostas do Sr. Alcalde. Respondeunos a cada un persoalmente. Na maioría dos casos as cousas que nós lle pedíramos estan en proxecto para arranxar, por exemplo: un espello para un cruce de Mens,  o chan do parque do mercado de Malpica, os baches que hai nunha rúa de Beo, o tellado do Pabillón, as farolas que non funcionaban ...

Noutros casos, que se precisan moitos cartos, díxonos que están mirando de conseguir os cartos.

Quedamos moi sorprendidos ao recibir as respostas pois non contabamos con elas xa que pensabamos que era unha persoa demasiado ocupada para responderlle a uns nenos. E gustounos moito que non fora así.

O que aprendemos: 
Se tes algo que dicir, non andes rexubando polas esquinas: dillo a quen pode solucionalo.

2 comentarios:

bibliosbardos dixo...

Noraboa! Paréceme fantástico que compartades o voso traballo neste blog. Un saúdo. Charo Fernández (do equipo da biblioteca escolar de Carral)

olga dixo...

Grazas, Charo!