28/11/13

O porto de Barizo

Son Pedro Mosqueira e vivo en Barizo.                                                                                                                                                                                                                                                                           En Barizo temos un porto que é pequeno pero ten numerosas embarcacións. Del vive case todo o mundo menos os que se dedican á gandeiría e á agricultura. Cando hai marexada as rolos saltan o rompeondas pero aínda así algún mariñeiro vai ao mar.

Tamén hai unha grúa para sobordar as lanchas.  Agora os mariñeiros  dedicanse ou ao palangre ou as nasas.
O palangre consiste en poñer unha tanza bastante gorda e ir poñendolle a unha distancia determinada (que descoñezo) unha serie de anzois cheos de carnada.
  
As nasas consiten nunha especie de xaulas de estructura de ferro ou de madeira que se recobre con rede de nailon e levan dentro unha bolsiña de rede que se lle bota no interior peixe para atraer as presas.

As miñas ninfas

Chámome Jorge Arcay, teño 10 anos e teño dúas ninfas. A amarela chámase Boliña e é macho
e a gris chámase Pumuki e é femia.
Boliña é moi manso coa miña irmá Mónica.
A Pumuki gústalle  moito voar e non se deixa coller.
Comen: galletas, leituga, mazá, brócoli, gusanitos, pipas e comida especial para elas.
Ás veces bañanse na piscina.
A min gústame moito collelas e tocalas porque son moi suaves e tamén me gusta perseguilas.

A gaivota



Chámome Raúl Reigía Rama , teño 10 anos e vivo en Malpica.

A gaivota soe escapar cando se acerca unha persoa e caga por todos os sitios.Soe vivir na costa e de cor branca e gris.

Os meus cans

Chámome Carla Varela e  teño 10 anos. Teño o pelo marrón moi escuro e os ollos marróns. Vivo en Malpica. 

 Estes son os meus cans : Pitufo e Niebla . Niebla é una cadela moi xoguetona. Gústalle moito que lle rasquen a barriga. Ten o pelo branco con manchas marróns. Tróuxoma o meu avó dunha casa de Beo, porque atropelaran a outra cadela moi querida por nós que tiñamos antes: Luzy.

Pitufo é un can moi bruto e dormitón .Gústalle que lle rasquen a testa e o fuciño. Ten o corpo marrón e a barriga branca. Dóunolo  unha señora veciña de Mens.
Ámbolosdous viven en Mens , na casa dos meus avós. Cada vez que imos a MensPitufo e Niebla comezan a darlle ao rabo e póñense moi contentos ao vernos a min e a miña  irmá  Fátima.

27/11/13

O meu can Manchitas



Chámome Natalia, teño 10 anos.
Este é meu can Manchitas.

A Manchitas gústalle moito ir de paseo.
É de cor negra, ten as patas
 por abaixo de cor balncas é ten como
 unnha corbata branca na barriga.
Vive na casa dos meus avós en Coristanco.

Manchitas tamen é cariñoso.
Trouxomo miña nai de Pontella, por que
nós tiñamos outro can que se chámaba Sol,
pero atropelárono.






Pumba,beagle



Chámome Yaiza e teño 10 anos. O meu  cabelo é longo, castaño e liso.

Gústanme moito os cans e os gatos.
Teño un can chamado Pumba que é un cruce de cocker con beagle. Collémolo da perreira cando tiña apenas dúas semanas.

O mes que estivo na nosa casa pola noite sempre choraba e tíñamos que ir darlle un abrazo.

Aos 3 meses levámolo  para Asalo que é onde viven os meus tíos e cando chegamos alí el non paraba de perseguirnos.

As illas sisargas

Son Rubén Veres Mato e vivo en Malpica.Vouvos falar das Illas Sisargas

As Illas Sisargas son tres: Grande, Malante e Chica. A Grande é a mais alta e grande.
A Malante é a do medio, alongada, é de tamaño mediano .A Chica é a máis pequena.
Enriba das  illas sempre se ven arcos da vella. ¡Son impresionantes!

Se queres saber máis delas pincha aquí.

22/11/13

hortensias

Esta é unha das hortensias que teño diante da miña casa. As hortensias son unhas prantas moi altas, cun talo moi groso e cunhas pequenas flores que á sua vez forman unha grande.
Poden ser de distintas cores branco, vermello, azul, rosa...

O DOLME DA PEDRA MOURA

A Pedra Moura





Son Cristian Fernàndez de 5º e o meu traballo trata sobre o Dolmen que hai onde eu nacìn.
Situado na parroquia de Aldemunde (Carballo), esta datado do 3.500 e o 2.700 A.C, e hoxendia só conserva  cinco das sete pedras que o formaban porque as outras duas roubaronllas.

Conta a Lenda da Pedra Moura que cada unha destas pedras foron carrexadas por unha Moura que as trouxo na cabeza  mentres Fiaba na Roca è  dáballe de mamar ao seu fillo.




O faro da Nariga

Son Pedro Mosqueira Suárez e vivo en Barizo. Vouvos falar do Faro de Punta Nariga.

O faro da Nariga está situado na parroquia de Barizo. César Portela foi o que fixo os seus planos.O faro foi construido en 1995. Está a 50m sobre o mar é a súa luz chega as 22 millas nauticas. Os vertices teñen , cada un , o seu significado. O orientado ao oeste ten forma de proa dun barco e enriba ten unha escultura de bronce tallada polo artista Manolo Coia en 1994. Ten unha forma que combina a forma dun home ca de unha gaivota a punto de voar.                                                                          

Pipo, Can de Palleiro

Son Andrea, teño 10 anos, son de Mens e teño un cachorro chamado Pipo da raza Can de Palleiro ao que lle gusta moito xogar á pelota e morderme os zapatos. Sempre anda correndo pola casa e meténdose no caseto da lavadora para deitarse enriba da roupa sen lavar.

Cando llo regalaron a miña irmá tiven que facerme eu cargo del porque ela trallaba tódolos días en Carballo.


Coidar del é moi divertido xogo tódolos días con el e pásoo moi ben sobre todo cando se sube a min e se senta no meu ombreiro, as veces queda durmido enriba del.

14/11/13

Esquela evolución II

Estoutro tamén o tendes no caderniño. Topeino AQUI

Esquema da evolución

Este é o esquema que tendes no caderniño. Está publicado NESTE BLOG

13/11/13

Esquems textuais I: O texto electrónico

Como xa case todos estades habilitados como contribuintes a este blog, comezaremos por aprender as características que debe ter un texto electrónico. Revisade tamén a entrada anterior na que se explica o procedemento para facer comentarios nos blogues.

11/11/13

Como facer comentarios neste blog

Como algúns tendes dificultades para deixar comentarios nos nosos blogues, deixovos esta presentación que explica os pasos a dar sempre que teñades unha conta de gmail (que é o caso) Tende presente que nos nosos blogues os comentarios están "moderados" Iso quere dicir que non aparecerá publicado ata que os administradores demos o noso permiso. É unha medida de seguridade pero, non vos apuredes porque facemos ese traballo tódolos días. Ala! A comentar :-)

1/11/13

Romanos

Agora que imos comezar a saber algo máis sobre a romanización, deixovos esta presentación que debuxa os grandes rasgos da vida cotiá. E despois, un xogo que axudará a visualizar a presenza dos Romanos en Hispania