05/02/15

Contos clásicos cambiados

A que sobre un problema, unha historia, un suceso... sempre hai varios puntos de vista?
Sabémolo ben cando contamos nós mesmos calquera cousa que vivimos: se a conto eu e se a conta a miña amiga, ás veces ate chegan a parecer historias distintas. A que sí?

Isto é o que se chama: punto de vista. Nesta ocasión, os nenos e nenas de 6º practicaron un texto argumentativo aplicándollo a algunhas historias que coñecemos ben e díronnos a coñecer os puntos de vistade dos que tradicionalmente xogaron o papel de ANTAGONISTA.

 Así que ides escoitar ao Lobo de Carapuchiña, ao dos 3 Porquiños, ao dos 7 cabritos, á bruxa de Hansel e Gretel e á madrastra de Brancaneves.

Escoitade con atención porque, despois de séculos de cargar co papel de "malos", agora vanse explicar por primeira vez.

Ningún comentario: