Hoxe visitounos Ledicia Costas, a autora de Escarlatina. Nós léramos o libro e convidamos aos compañeiros e compañeiras de 5º a que viñeran tamén falar con ela.
Preparáramos as preguntas que queriamos facerlle porque o libro gustáranos moitísimo.
Resultou ser unha pèrsoa tranquila, e con moito sentido do humor.
Foi un taller distinto de outros que temos feito porque ela quer´ñia escoitarnos e o que fixo foi ir respondendo as nosas preguntas e dándonos toda a información que lle pediamos.
Collémola por sorpresa coa empanada e as piuruletas que prepararan Aida e Jorge. E moito máis cando soubo que fixerámos, sen que nolo mandara ninguén, moitas das receitas que aparecen no libro.
Díxonos que a precuela de Escarlatina poderemos lela a fin de ano.
Agasallamoslle as últimas guías de lectura, unha boneca lectora de cerámica de Buño e... un anaco de empanada! Queriamos que a levara toda pero dixo que está de hotel e... claro! Pero levou un anaco para cear. E 3 piruletas para o postre.
Foi tan cariñosa que nos asinou tódolos libros que lle puxemos diante. Tamén un para a biblio e o Caderno de Visitas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario