16/04/15

Xa gañamos!

Isto foi o que dixo hoxe Yaiza cando soubo que o seu debuxo, e máis o de Andrea, foran escollidos entre 8.000 coma finalistas no Concurso do Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia: Deseña unha xoia para túa nai.
 Os finalistas son 80. Así que, eu tamén opino coma Yaiza: 80 entre 8.000 xa é unha boa distinción.

Os gañadores/as daranse a coñecer o vindeiro venres 24 no acto oficial que terá lugar en Compostela e ao que están convidados os escolares que chegaron á final e máis as súas familias.

 Déixovos o debuxo da xoia de Andrea: un prendedor do pelo para súa nai.
E, aquí a noticia en El Correo Gallego

Ningún comentario: