29/3/15

Novas do Senegal

Vimis de recibir resposta ao corr@o que enviamos a comezos do mes á Embaixada do Senegal en España. A resposta ven da Sra. Secretaria da Embaixada: Sra. Dª Anne Marie Coulanges
Velaí a resposta.
Amablemente, a Sra. Secretaria da embaixada proporciónanos tres fontes de información:
1.- Thiebouyieun é o prato nacional do Senegal e podemos atopar a receita exacta AQUÍ
2.- Un blog moi completo sobre a cultura senegalesa: https://wolofmujeressenegal.wordpress.com/
3.- Conto tradicionalO baobab, o coello e a hiena

Agradecemos á Embaixada do Senegal a súa resposta. Mías aínda cando, segundo sabedes, é a ÜNICA embaixada que nos respondeu.

23/3/15

Homenaxe a Rosalía. 5º Primaria

POEMAS ROSALIA 5º from bemilladoiro on Vimeo.

Os nenos e nenas de 5º de Primaria renden homenaxe a nosa gran escritora Rosalía lendo cadanseu poema seleccionado do peomario Follas Novas.

18/3/15

Xornal, Música e MUNCYT

Onte fomos a Coruña. Primeiro ao xornal La Voz de Galicia. Logo a un concerto no Pazo da Ópera e despois ao MUNCYT
A primeira visita decepcionounos un pouco porque non vimos como se fai o xornal. Só a unha señora que nos explicaba. As profes dixérannos que sempre agasallaban un xornal e un libro e outros para a biblio. Pero non nos deron nada.
Logo o concerto foi estupendo porque estabamos sentados moi cómodos e non tivemos que estar fora agardando moito tempo coma outras veces. As profes felicitéronnos porque nos portamos moi ben.
 O millor foi o museo da ciencia e tecnoloxía no que vimos varias máquinas impresionantes e construímos un helicóptero. Aquí foi onde comemos. O día foi estupendo. As fotos AQUI

Ledicia Costas


Hoxe visitounos Ledicia Costas, a autora de Escarlatina. Nós léramos o libro e convidamos aos compañeiros e compañeiras de 5º a que viñeran tamén falar con ela. Preparáramos as preguntas que queriamos facerlle porque o libro gustáranos moitísimo. Resultou ser unha pèrsoa tranquila, e con moito sentido do humor. Foi un taller distinto de outros que temos feito porque ela quer´ñia escoitarnos e o que fixo foi ir respondendo as nosas preguntas e dándonos toda a información que lle pediamos. Collémola por sorpresa coa empanada e as piuruletas que prepararan Aida e Jorge. E moito máis cando soubo que fixerámos, sen que nolo mandara ninguén, moitas das receitas que aparecen no libro. Díxonos que a precuela de Escarlatina poderemos lela a fin de ano. Agasallamoslle as últimas guías de lectura, unha boneca lectora de cerámica de Buño e... un anaco de empanada! Queriamos que a levara toda pero dixo que está de hotel e... claro! Pero levou un anaco para cear. E 3 piruletas para o postre. Foi tan cariñosa que nos asinou tódolos libros que lle puxemos diante. Tamén un para a biblio e o Caderno de Visitas.

6/3/15

Senegal



Entre Senegal y Casamance

hay una guerra constante.

¡Que alguien vaya a ayudar!

Despues de treinta años ¡esta guerra debe acabar!



Si en Senegal continúa esta

 matanza se va a perder

toda la esperanza.

No queremos ver morir gente

cada día por eso escribimos

esta poesía.

1/3/15

Eu son Rosalia...

Velaí a nosa participación na actividade que nos propuxo a AELG para homenaxear a Rosalía.
Eu son Rosalia5º from bemilladoiro on Vimeo.

Eu son Rosalia 6º from bemilladoiro on Vimeo.