02/03/25

ENTREVISTA Á ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA CARCAXÍA (MARÍA, SILVIA E XACOBE) 5º primaria

 María, Silvia e Xacobe como respresentantes da Asociación Carcaxía visitaron Radio Balea para ser entrevistados polo alumnado de 5º de primaria. Esta entrevista forma parte da rolda de actividades realizadas no mes de febreiro (mes da radio) no CEIP Milladoiro.

As entrevistas están relacionadas coa temática do Día das Letras Galegas deste ano 2025 (cantareiras e pandereteiras) e a relación das mediáticas Pandereteiras de Mens co tecido asociativo malpicán relacionado coa cultura e tradición popular galega, concretamente coa pandeireta coma instrumento principal.

Durante a entrevista, descubrimos que Xacobe e bisneto dunha das pandereteiras e tanto María coma Silvia contestaron con detalle sobre as preguntas relacionadas non só sobre Carcaxía, senón tamén coa súa traxectoria musical e asociativa.

Ao final da entrevista animáronse a tocar a pandeireta e deixáronnos de agasallo ese momento especial que quedará de recordo na noso propio repositorio.

Moitísimas grazas pola entrevista aos tres!!!! pasámolo xenial e aprendimos moito!!


    Acceso á galería de imaxes clicando na de abaixo

👇




Entrevista a Carcaxía (mes da radio CEIP Milladoiro)

Ningún comentario: