23/12/15

Xoguetes con circuitos eléctricos


creando xoguetes from bemilladoiro on Vimeo.

Este é o resultado do último proxecto traballado no 1º trimestre na aula de 6º: construir cadanseu xoguete integrando un circuito eléctrico. Despois presentáronllo ao alumnado de 1º e 2º de Primaria na Biblioteca do cole. Foi unha experiencia ben bonita!!

15/12/15

O grúfalo

O alumnado de 6º de primaria escenificou o conto de O Grúfalo na semana das Lecturas Terroríficas. Presentámosvos agora este podcast coa súa lectura.

02/12/15

Viaxe a Compostela

Compostela. 3ºciclo from bemilladoiro on Vimeo.

Velaí as imaxes da nosa viaxe a Compostela. Un día fantástico Se queredes as fotos, traede a chave USB e colledes a carpeta.

16/11/15

Rodrigo

Ola, son Rodrigo e querovos presentar ó meu can Peluche.         Peluche é un caniche marrón,ten os ollos negros e as orellas largas, o rabo pequeniño e o pelo moi rizo.Sempre xoga conmigo ó fútbol. É moi bonito e quero moito.

11/11/15

Buscar no diccionario

Temos algunhas dificultades para buscar palabras nos diccionarios, verdade? Imos aprender e practicar con este video de La Eduteca Preparados/as?

05/11/15

A MATERIA

Presentamos este caderno como resultado dun traballo de investigación que o alumnado de 6º de Primaria realizou na Área de Ciencias de Natureza e en ALFIN sobre A materia, a súa clasificación e os métodos de separación de mesturas.

14/10/15

A miña gata

 Ola chamome Javier e vouvos falar da miña gata.
A   miña gata naceu en Laxe.
Déronma cando acabou de mamar e ten nove meses. Cumple o seis de xaneiro un ano.
Gústame moito estar con ela e xogar.
Seu pai é de raza persa