26/03/10

O contrabando en Barizo

Hai moitos anos (70 mais ou menos) ó porto de Barizo non había carreteras nin nada mais ca un camiño de pasar andando ou co carro das vacas. Pero o que xa había daquela era contrabandos de tabaco,radios ou café.

De noite ían os contrabandistas descargar os barcos ao porto,e para volverá casa co que collera nesa noite levábano no carro das vacas. Como non había luces públicas nin nada parecido ,os contrabandistas atábanlle teas ou antorchas nos cornos das vacas e a xente do pobo que os vía dende as ventás da casa pensaban que era a Santa Compaña que andaba polo lugar buscando a alguén a quen levar ó outro mundo.




Martin Zas Novo.

1 comentario:

andrea dixo...

Noraboa Zas.Esa lenda conmoviume.