PODCAST DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.
Para conmemorar o día internacional da muller, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria entrevistaron as mulleres traballadoras das súas familias. Entre as distintas entrevistas que fixeron, elexiron a entrevista a Tera, a avoa de Daniela sobre a cal xira este podcast.
Tera traballou nun oficio tradicional como é o de peixeira durante 30 anos na lonxa de Malpica, un oficio ben coñecido no pobo e que nos explica neste entrevista na que Daniela ponlle voz, reproducindo as respostas que amabelmente lle deu a súa avoa, dende aquí o noso agradecemento.
Tamén compartimos unha interesante entrevista en formato vídeo que Pablo lle fixo a súa avoa María Visitación, moitas grazas pola colaboración!!!
Esperamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario