04/03/22

O caderno de bitácora de 5º - 3

Dúas conmemoracións especialmente emotivas tiveron lugar na última semana do mes de febreiro:


- O mércores, 23 de febreiro, celebramos o aniversario número 185 do nacemento, no municipio coruñes de Padrón, nunha vivenda situada á marxe dereita do Camiño Novo que conduce a Compostela, de Dona María Rosalía Rita de Castro. Probablemente, a meirande figura literaria, cultural e social da historia de Galicia.

Na aula de 5º de Primaria do CEIP Milladoiro honramos a figura de Rosalía recitando algúns dos seus poemas e coñecendo detalles e anécdotas da súa vida e da súa obra.



 - O venres, 25 de febreiro, tivo lugar a evocación dunha das festas de maior tradición e arraigo no noso país, O Entroido.

O CEIP Milladoiro decidiu engalanarse para a ocasión e vestiu, ese día, os traxes de madamita e madamito, propios da contorna malpicá; e realizou tamén un baile típico da zona nesta época do ano.

Os doces típicos do Entroido, os xogos e os sorrisos, acompañaron a celebración.



"A lembranza de onde veño axúdame a saber cara onde vou"

Ningún comentario: