O que aprendimos do Reino Unido foi a sua gastronomía,e moi variada,tamén aprendimos os seus monumentos,como o Big Ben e o London Bridge(Ponte de Londres),e as suas cidades importantes como Manchester, Oxford, Plymouth e Birmingham.
Feito por: Adrián Vila e Pablo Parga.
De cando en vez e aos poucos, habémosvos de falar, de Berghantiños pro mundo, onde a terra bica ao mar
30/11/10
Suiza
o que aprendin de Irlanda
14/11/10
Nostián e Sogama
O mércores estivemos en Sogama e en Nostián.
Serán unha visitas inesquecibles. Primiero polo cheiro. Tremendo. E, segundo, porque eses cherio é noso. Producímolo nós. É, a outra cara do noso modo de vivir tan desenvolvido.
Foi impresionante estar diante daquelas tremendas montañas de lixo. Impresionante tamén ver como se separa, se cataloga, se recicla...
Os dous diferentes xeitos de tratar o lixo, serán motivo de estudo e reflexión na aula nos vindeiros días.
Desde aquí, agradecemos ós equipos pedagóxicos de ambalasdúas plantas as súas explicacións e atencións.
A foto é unha cortesía de Sogama
10/11/10
Mapa de Peters
Hoxe preguntáchedesme por que aquel mapa que estabamos vendo (chámase prespectiva de Mercator) era distinto do que temos na aula (perspectiva de Peters), e eu prometín unha explicación. Aí vai.
O mapa de Peters é un enfoque máis equilibrado das dimensións dos continentes e paises onde os paises do sur non parezan máis pequenos do que son.
É moi complicado facer unha representación plana (mapa) dunha superficie redonda (A Terra) pero en 1569 o flamenco Mercator, fíxoo por primeira vez. Foi acollido con alegría polos navegantes, que eran a quen máis falta lles facía ese instrumento. Pensade que, daquela, Europa era o centro do mundo.
Andando o tempo comezáronselle a ver problemas. Vexamos:

-Neste mapa creríase que India ten 3,3 millóns de km2 e Escandinavia 1,1 millóns de km2.
América Latina parece máis pequena que Groenlandia: en realidade é 9 veces máis grande: 17,8 millóns de km2, contra 2,1 millóns de km2.
-Un tercio da superficie do mapa está destinada ó hemisferio Sur, mentres que dous tercios destínanse ó hemisferio Norte.
-Europa parece aquí máis extensa que América Latina. Cando é na realidade case a metade de pequena: Europa ten 9,7 millóns de km2 e América Latina 17,8 millóns de km2.
Esto é o que explica a aparición de Peters e o seu mapa co que pretendeu ser máis fiel ós tamaños reais dos paises e continentes. Ten presente que NON TEÑEN ESA FORMA pero SI ESA SUPERFICIE.
E, agora, pensade: o mapa que Brandon tiña na súa aula Colombiana...¿tamén tería a Europa no centro?
E, neste, un xogo do profresor Fernando Pelillo
05/11/10
03/11/10
Tratamento de residuos
Comezamos coa asuntiño da Biodiversidade tentando aprender algo sobre o tratamento dos RSU (residuos sólidos urbáns) é dicir: que facemos co noso lixo?
Porque vos vin preocupados polo tema da contaminación e, ás veces teño a sospeita de que o noso punto de vista está sempre fóra, noutros sitios, noutras realidades, nos telediarios... sen pararnos a pensar por que razón na ría do Burgo non se pode mariscar, ou por que marcharon as donicelas do Río de Vaa, ou que é iso que aparece na auga e fai que o peixe do porto non se poida comer...
O vindeiro día 10 imos visitar as plantas de tratamento de RSU de Sogama e Nostián.
Deixo os enlaces para que vaiades lendo algo sobre elas.
A imaxe é de El Roto

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)